O PP destaca a incorporación de nutricionistas nos ambulatorios ourensáns

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

El PSOE se reunió con representantes del Foro Liceo.
O PSOE reuniuse con representantes do Foro Liceo. CEDIDA

O PSOE aposta por potenciar a zona vella de Ourense e o termalismo

26 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A falta dunha semana para o arranque oficial da campaña electoral, os candidatos por Ourense xa están envorcados na preparación do 18F. Gabriel Alén, Noelia Pérez e Miguel Ángel Viso, da lista do PP, estiveron este xoves con representantes da asociación Diabética Auria e, segundo aseguran, alí puideron constatar a valoración positiva que o colectivo fai da incorporación de nutricionistas nos centros de saúde.

O PSOE, pola súa banda, se reunión con membros do Foro Liceo e a súa candidata Carmen Rodríguez Dacosta incidiu na necesidade de potenciar o termalismo e a zona vella da capital. Ademais, os socialistas criticaron as «chapuzas» da Xunta coas estradas OU-504 e OU-801. Noa Presas, do BNG, defendeu este xoves un «monte rural vivo e produtivo» tras reunirse coa asociación Ovica e prometeu melloras nos servizos públicos da área metropolitana de Ourense. E Podemos criticou unha «fochanca» na OU-536 en Xunqueira de Espadanedo.