Arde unha máquina laser nunha copistería da cidade e un tellado en San Cibrao das Viñas

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

cedida

En ningún dos dous casos houbo que lamentar danos persoais

10 dic 2019 . Actualizado ás 16:45 h.

Os bombeiros de Ourense acudiron este mediodía a sufocar o incendio declarado no interior da céntrica copistería Aceroplus, situada na rúa Teluro. O lume orixinouse nunha máquina de láser, que resultou danada, pero non se propagou ao resto da estancia. O resto da instalación só sufriu afectación por fume, informou un portavoz do servizo municipal. Nese momento, o establecemento atopábase pechado polo que non houbo persoas afectadas. Os bombeiros recibiron o aviso ás 14.10 horas e desprazaron dous vehículos.

Onde si houbo danos estruturais foi nunha vivenda de Carballo, na parroquia de San Miguel de Soutopenedo, en San Cibrao das Viñas. Segundo detallaron desde o 112, o lume orixinouse nunha cheminea e propagouse ao tellado, que quedou parcialmente queimado. Desde esta central de urxencias deron aviso aos bombeiros do polígono, ao GES de Pereiro de Aguiar e a voluntarios de Protección Civil da localidade, ademais da a Garda Civil. Tamén se desprazaron os bombeiros de Ourense. Cando chegaron ao lugar, o lume xa estaba controlado. Non houbo danos persoais, precisou o 112.