O alcalde busca localizacións para o edificio da Xunta

La Voz

OURENSE CIDADE

CEDIDA

Jesús Vázquez explica que barallan unha decena de localizacións

08 novs 2018 . Actualizado ás 17:27 h.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, referiuse a un dos compromisos acadados polo presidente da Xunta con Ourense. En concreto, falou do edificio singular previsto pola administración autonómica para acoller as súas dependencias e que, explicou, está pendente de que o Concello atopa unha localización idónea. «Hai 10 ou 12 posibilidades», explicou o rexedor ourensán.