Fin aos refachos do Sala Ourense e o Tres Cuñados

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

O conxunto de Kike García caeu ante o Gardo tras dúas vitorias consecutivas e os de Xocas Miranda sufriron o seu primeiro revés en Asturias

15 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Resultou aciaga a xornada da Segunda B do fútbol sala masculino para a representación provincial, que ademais de senllas derrotas, viviu nos Remedios a lesión de Adrián Araújo.

Foi no partido dun Sala Ourense ante un Gardo que chegaba coa intención de recuperar o liderado. o propio Adrián adiantou aos de casa, antes de marcharse evacuado polos servizos de urxencias, debido a unha subluxación nun ombro. Albert empatou para os visitantes ao fío do descanso e os tantos de Rojo , Cifu e Óscar xa puxeron moi costa arriba un marcador no que Tizón recortou distancias: 2-5.

O triunfo palentino arrebatou a primeira praza a un Tres Cuñados que caía na pista do Boal: 4-3. Os valdeorreses xa viaxaran con só dous cambios na súa rotación e aínda que os goles de Dilín e Bruno forxaron un esperanzador 1-2 no intermedio, que Juanma converteu despois en 1-3, a reacción local beneficiouse desa parquedad de efectivos e sobre todo da expulsión de Bruno no tramo final.