Viaqua impulsa no campus unha xornada co físico Pablo Martínez Ruíz

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Alvaro Vaqueiro

A facultade de Ciencias  acollerá o próximo 15 de marzo a sétima edición do Aquae Talent Hub

28 feb 2018 . Actualizado ás 17:38 h.

A facultade de Ciencias do campus de Ourense acollerá o próximo 15 de marzo a sétima edición do Aquae Talent Hub, un encontro pensado para persoas que queiran aprender sobre innovación, compartir coñecementos e ampliar a súa rede de contactos. Trátase dunha xornada na que o protagonista será Pablo Martínez Ruíz da Árbore, físico e científico sénior do Instituto Tecnolóxico de Zúric, que ofrecerá unha clase maxistral. O evento está impulsado por Viaqua, a Fundación Aquae e a Universidade de Vigo e este ano celebrarase en diversas cidades españolas.

En intervención, Martínez explicará como se avanzou no coñecemento das partículas que forman o universo. O público poderá coñecer algúns dos desafíos desta ciencia, como o Bosón de Higgs ou a materia escura.