Detido por insultar a axentes da Policía Local de Ourense

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

O individuo fixo primeiro un xesto violento cara a unha parella de axentes

21 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A Policía Local de Ourense detivo a un individuo por facer primeiro un xesto violento cara a unha parella de axentes para logo negar a súa identificación e pórse agresivo, segundo informou o departamento municipal. Ocorreu o martes á primeira hora da tarde no parque de San Lázaro da capital. Segundo a policía, o home pasou ao lado dos axentes e fíxolles un xesto ofensivo. Estes quixeron pedirlle explicacións, pero o suxeito negouse a identificarse e ameazou e insultou «gravemente» aos axentes da autoridade, segundo a versión policial, motivo polo que foi detido.