Falece un motorista de 38 anos en Oímbra tras saírse da vía e chocar contra unha barreira de protección metálica
OÍMBRA

O accidente tivo lugar ao redor da unha da madrugada deste luns
11 ago 2025 . Actualizado á 12:18 h.Un home de 38 anos faleceu esta madrugada tras sufrir un accidente de tráfico na OU-1011 na localidade ourensá de Oímbra. Foi o único implicado no sinistro. O vehículo, unha moto Fonda, saíuse pola marxe dereita da vía e posteriormente chocou contra barreira de protección metálica.
O 112 Galicia recibiu información sobre o suceso preto da unha da madrugada deste luns mediante un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou unha dotación ao lugar do accidente. Os profesionais sanitarios informaron de que o motorista estaba inconsciente, sobre a estrada. Seguidamente trasladouse a información aos axentes da Guarda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Verín, aínda que a vítima estaba liberada e accesible.
Comprobouse, nese momento, que era o único vehículo implicado no sinistro. O falecido, de orixe brasileira, residía desde fai un par de anos en Oímbra, e traballaba en Verín.