O Pereiro de Aguiar terá un novo aparcadoiro ao lado da casa do concello

La Voz OURENSE

O PEREIRO DE AGUIAR

Obras para crear un aparcamiento en la Casa do Concello de O Pereiro de Aguiar
Obras para crear un aparcadoiro na Casa do Concello do Pereiro de Aguiar CEDIDA

O Concello tamén tirou dúas vellas paradas de autobús para loitar contra o feísmo no municipio

04 sep 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello do Pereiro de Aguiar acaba de iniciar as obras de construción do novo aparcadoiro e humanización na contorna da casa do concello. A actuación execútase coa colaboración da Xunta de Galicia. Tamén proseguen coa loita contra o feísmo e esta semana pasada derrubaron dúas vellas paradas de autobús e que nos últimos anos foran vítimas de pintadas e actos vandálicos. Serán substituídas por dúas novas. O obxectivo,segundo indicaron fontes municipais, é ir «pouco a pouco» acabando con estes casos.

O goberno dirixido polo popular Luis Menor tamén anunciou avances na recuperación do patrimonio etnográfico, como é o caso de recuperación de fontes e lavadoiros ou a mellora de áreas recreativas.