O Polo de emprendemento do Carballiño apoiou a un centenar de proxectos

La Voz

O Carballiño

Reunión del Polo de Emprendemento de O Carballiño-Ribeiro
Reunión do Polo de Emprendemento do Carballiño-Ribeiro Cedida

Elena Rivo clausurou as xornadas celebradas en Castrelo de Miño

03 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou en Castrelo de Miño unha xornada organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño, con casos de éxito entre os preto de cen proxectos atendidos neste centro. Tres emprendedores deron conta das súas iniciativas e a súa experiencia de asesoramento nunha rede que conta na provincia cos Polos de Verín e O Barco de Valdeorras, á espera de que se abra en breve un máis en Baños de Molgas.

Elena Rivo puxo en valor a oportunidade da xornada para crear sinerxías e redes de colaboración entre o tecido produtivo, os emprendedores e a administración. En Ourense atendéronse case 300 proxectos dos máis de 1.350 rexistrados en toda Galicia. O Polo do Carballiño aglutina ao redor dun centenar, a maior parte do sector da hostalería, seguida de actividades profesionais, científicas e técnicas, e do comercio.