Denuncian o mal estado da rúa Parcelaria Maneiro do Carballiño

La Voz

O Carballiño

O asalto está cheo de fochas perigosas para peóns e vehículos

25 ene 2024 . Actualizado ás 18:13 h.

Os veciños de Parcelaria Maneiro do Carballiño levan meses denunciando o mal estado no que se atopa a rúa. Trátase dunha zona de edificacións recentes con vivenda unifamiliares difícil de transitar tanto a pé como en coche polo mal estado do asfalto. Os veciños acusan o Concello de telos abandonados.