O PP do Carballiño solicita a regulación da actividade comercial na praza de Abastos

La Voz

O Carballiño

Lino González, candidato del PP por O Carballiño
Lino González, candidato do PP polo Carballiño Alberte Paz

Os populares piden que se inclúa nos orzamentos deste ano unha partida para a reforma do mercado

23 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Partido Popular do Carballiño presentará unha moción en pleno para solicitar que se elabore unha normativa, de consenso entre os partidos, para regular a actividade comercial na praza de abastos. Os populares creen necesario que se promova un concurso ou o procedemento que resulte máis adecuado para cubrir os postos baleiros e que se amplíe a oferta demandando outras actividades comerciais. Na proposta piden, ademais, que se inclúa nos orzamentos deste ano unha partida específica para a súa rehabilitación. . «A actividade comercial da praza de abastos é un problema que ven de lonxe, hai moitos anos que por parte do Concello non se actualizan as instalacións e tampouco se dinamiza o potencial comercial da mesma. Sobre isto deberiamos reflexionar e buscar fórmulas», engaden na moción.