O Carballiño lembra as rodaxes feitas no municipio

La Voz

O Carballiño

Imaxes da mostra das Xociviga que lembra a rodaxe de «Lentura»
Imaxes dá mostra dás Xociviga que lembra a rodaxe de «Lentura» Cedida

Os fotógrafos de O Potiños recrearon os lugares onde se gravaron curtametraxes, películas e series

27 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 15 de xaneiro • Auditorio Manuel María e librarías • O Carballiño • A Asociación Fotográfica O Potiños desenvolveu un proxecto para as Xociviga en colaboración cos organizadores das mesmas. Aínda que, en principio, a exposición estaba vencellada ás Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia a mesma seguirá aberta ao público no Auditorio e nas catro librarías da vila que acollen as imaxes. Unha vez rematada esta primeira montaxe, a partir do 15 de xaneiro, O Potiños creará unha mostra conxunta reunindo todo o material. Os fotógrafos do colectivo escolleron oito títulos de proxectos audiovisuais gravados, total ou parcialmente na vila, para recrear os escenarios dos mesmos. Títulos como «Primer amor», de Cuerda; «Lentura», de Manuel I. Nanín e Pachi Baranda; «Melancolía», de Alfonso Zarauza; «Amigos para siempre», de Javier Veiga; ou a serie «Un asunto privado», protagonizada por Jean Reno e Aura Garrido, aparecen recollidos no traballo de O Potiños.