Rescatan a un condutor que quedou atrapado no seu coche tras precipitarse desde 20 metros de altura no Carballiño

La Voz OURENSE

O Carballiño

grumir

A saída de vía ocorreu este xoves preto da igrexa do Barón

25 novs 2021 . Actualizado ás 18:08 h.

Un home duns trinta anos foi rescatado esta tarde despois de precipitarse co seu vehículo desde unha ponte duns vinte metros de altura na OU-504 (estrada de Ribadavia a Cea). O accidente de tráfico por saída de vía ocorreu preto da igrexa da localidade carballiñesa de San Fiz do Barón.

Foron mobilizados ás 15.00 horas deste xoves os bombeiros do parque comarcal do Carballiño , que contaron coa colaboración do Grumir municipal para liberar ao atrapado. Os bombeiros e membros do servizo municipal de Emerxencias de O Carballiño traballaron para a excarceración do ferido, que foi trasladado en ambulancia do Ou61 ao CHUO, en principio con lesións de carácter leve. Tamén interviñeron no rescate a Policía Local do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico.