Os bombeiros do Carballiño rescatan a un octoxenario que se caeu na súa casa

La Voz OURENSE

O Carballiño

CEDIDA

O home, que vive só, non podía levantarse e a porta estaba pechada por dentro, polo que foi necesario entrar por unha fiestra

12 oct 2021 . Actualizado ás 12:28 h.

Un octoxenario que vive só nun domicilio da avenida 25 de xullo do Carballiño foi rescatado esta mañá de martes por axentes do corpo de Bombeiros da localidade. Unha muller alertou ao redor das dez menos vinte da mañá de que non podía acceder á vivenda porque as chaves estaban postas por dentro, temendo que algo malo puidese ocorrerlle ao inquilino, xa que non respondía as súas chamadas. Enseguida trasladouse ata o lugar unha dotación dos bombeiros co vehículo autoescalera, que foi necesario para subir pola fachada ata a cuarta planta do inmoble, accedendo ao interior da vivenda polo balcón. No piso, localizaron ao octoxenario no chan, caeu e non podía moverse, polo que foi trasladado polos servizos sanitarios ata un centro médico, para avaliar o seu estado. Ata o lugar dos feitos acudiron tamén efectivos de Protección Civil e Policía Local da localidade.