O PP pide ao Concello do Carballiño que inste a Xunta a que clarifique a posibilidade de ampliar o centro de saúde

La Voz

O Carballiño

MIGUEL VILLAR

Os populares presentaron un moción de urxencia para o pleno deste mércores

20 abr 2021 . Actualizado ás 18:53 h.

O Partido Popular do Carballiño rexistrou unha moción de urxencia para que o Concello inste a Xunta a que clarifique a posibilidade de ampliar o centro de saúde. Os populares piden o compromiso da administración local de pór a disposición da Xunta espazo suficiente para a construción dun novo, se fose preciso, no prazo de tempo máis curto posible. «Dende o noso grupo entendemos que unha vez que a Xunta traballa no traslado do servizo de estación de autobuses para a do ferrocarril, sería posible que se estudiase a posibilidade de facer na actual estación de autobuses o centro de saúde, xa que o edificio está en posesión da Xunta; comprometéndose a administración autonómica a ceder o Concello posteriormente todos os espazos que se liberasen no actual centro de saúde».

Lembran que na actualidade a Xunta está desenvolvendo o Programa de melloras de centros de saúde «e por poboación e por antigüidade do noso centro de saúde, debemos de estar vixiantes de que O Carballiño non se quede fora deste plan», engaden.