Volven as feiras do Carballiño e O Barco

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

Celebración de la feria en O Carballiño
Celebración da feira no Carballiño MIGUEL VILLAR

Na Rúa suspenden a de San Andrés

28 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Coa diminución de contagios na maioría de municipios da provincia, volven as feiras a algúns dos seus concellos. É o caso do Carballiño, que retomará este luns, 30 de novembro, a celebración. A programación da feira carballiñesa foi interrompida polo avance do covid e non se organiza desde o mes de outubro. Co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de prevención, ampliáronse os espazos reservados para situar os distintos postos de venda ambulante e desta forma quedará asegurada a distancia necesaria. Desde o Concello queren lembrar aos veciños o uso obrigatorio de máscaras e a importancia de lavarse as mans con xel hidroalcóholico cada pouco tempo.

A feira regresará ao Barco o vindeiro sábado, día 5 de decembro. Tras dous meses sen ela, Viloira volverá encherse de postos de alimentación e de moitos outros produtos. O Concello explicou que a decisión de renovar a celebración das feiras esta motivada pola evolución positiva que está experimentando a pandemia no municipio, cunha gran diminución do número de casos activos. Aínda que advirten de que a decisión podería rectificarse se a situación empeorase. No recinto feiral de Viloira colocaranse valos para establecer os sentidos de circulación, con entradas e saídas diferenciadas. Membros da Policía Local do Barco encargaranse de supervisar que se cumpran todas as medidas de seguridade, tanto por parte dos feirantes como por parte dos veciños, e tamén controlarán a afluencia de persoas.

A Rúa suspende a de San Andrés e valora a do 7

O Concello dá Rúa decidiu suspender a feira de San Andrés, do próximo día 30, debido á evolución da pandemia. O goberno local avanzou tamén que a mensual do día 7 tamén está no aire, salvo que cambie moito a evolución epidemiolóxica do municipio ao longo da próxima semana.