A Hidrográfica comprobará se as presas puideron provocar os danos na ponte do Xares

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Bolo

chms

A CHMS non entrará na comisión que promoveu a Deputación pero si colaborará nas xestións administrativas da súa competencia

07 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) declinou, unha vez máis, formar parte da comisión creada para a reconstrución da ponte sobre o río Xares, no Bolo.

O organismo si colaborará nas «xestións administrativas» da súa competencia e axilizará os trámites para que se inicien as obras. Así llo manifestou o presidente da Hidrográfica, José Antonio Quiroga, aos alcaldes da Rúa, Álvaro Fernández, do Bolo, Manuel Corzo, e ao vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández.

Para pescudar a responsabilidade das concesionarias que xestionan as presas situadas augas arriba, a CHMS informará de se se cumpriron as normas de explotación e facilitará os datos do Centro de Control de Cuenca nas datas nas que se produciron os danos polo intenso caudal do Xares.