Os escolares do Bolo aprenden a separar os residuos que se xeran no comedor

La Voz O Barco

O Bolo

CEDIDA

Os alumnos utilizaron os restos orgánicos como abono para o seu horto

21 novs 2019 . Actualizado ás 15:25 h.

Os alumnos do colexio do Bolo participaron nun taller de reciclaxe, no que aprenderon a separar os residuos que se xeran no comedor do centro e despois utilizaron os restos orgánicos como abono no horto escolar. A actividade contou coa presenza da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, así como de varios concelleiros do grupo de goberno que lidera Manuel Corzo (tamén presente).