A rúa Eloi Mira do Barco estrea asfalto tras nove meses en obras

La Voz O Barco

O Barco de Valdeorras

Trabajos de asfaltado de la calle Eloi Mira en O Barco.
Traballos de asfaltado da rúa Eloi Mira no Barco. CEDIDA

Hoxe está prevista a súa reapertura ao tráfico

13 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado mes de xuño comezaron as obras de remodelación integral da rúa Eloi Mira do Barco de Valdeorras. Eran uns traballos que debían estar listos en tres meses pero cando venceu o prazo os traballos levaban máis de dous meses parados, o que espertou as críticas veciñais ante a falta de avance. O desacordo entre o Concello e a empresa adxudicataria sobre os imprevistos que houbo que atallar acabaron por resolverse e a obra renovouse no último trimestre do ano.

Onte levou a cabo o asfaltado do tramo central e hoxe está prevista a colocación de mobiliario urbano, polo que a obra quedaría rematada. Será entón cando se abra ao tráfico.

Doutra banda, continúan os traballos de asfaltado en varias rúas do centro urbano. Cantón xa está rematada e onte levou a cabo a mellora do firme na rúa Eloy Rodríguez Barrios, ata a rotonda da rúa España.