Os Trabandainas volven ao camiño

M. X. B. RIBEIRA

O Barco de Valdeorras

cedida

Máis dun centenar de persoas completaron a primeira etapa do Camiño de Inverno

25 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis dun centenar de persoas realizaron, da man do club Trabandainas, a primeira etapa do Camiño de Inverno, que partiu de Ponferrada e culminou nas Medulas, tras un percorrido de case 28 quilómetros. Os camiñantes gozaron de carreiros, viñedos e bosques centenarios. E mañá, outros tantos aventureiros embarcaranse na segunda ruta, que concluirá no Barco de Valdeorras. As 112 prazas dispoñibles voaron en 24 horas.