O Concello do Barco creará un parque nun soar cedido pola familia de Julián Trincado

La Voz O Barco

O Barco de Valdeorras

LOLITA VAZQUEZ

O espazo verde estará no número 82 da rúa Manuel Quiroga

19 novs 2019 . Actualizado ás 13:47 h.

O Concello do Barco creará un novo parque. Farase na rúa Manuel Quiroga, á altura do número 82; no que actualmente é un soar. E será posible grazas a que o terreo (de 176 metros cadrados) foi cedido ao Concello polos herdeiros de Julián Trincado. A obra levará a cabo o próximo ano. No parque instalarase un panel recoñecendo a figura de Trincado, «ou seu compromiso co Barco e a súa xenerosidade», apuntaban desde o goberno local. Julián Trincado, nacido en Valencia pero de pai valdeorrés, foi presidente de Unión Fenosa. Falecido no ano 2000 en Madrid, foi enterrado no Barco. Unha sala da Casa Grande de Viloira leva o seu nome, e na súa memoria celébrase cada mes de setembro o Descenso do Sil.