Aprazan a proba do campionato galego de piragüismo en Muíños

La Voz OURENSE / LA VOZ

MUÍÑOS

Campeonato gallego de promesas de piragüismo en Muíños en el 2022.
Campionato galego de promesas de piragüismo en Muíños no 2022. MIGUEL VILLAR

A competición de K2 e C2 para cadetes, infantís e veteranos ía ser este sábado

22 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Federación Galega de Piragüismo decidiu aprazar, ante a previsión de mal tempo para esta fin de semana, a regata que se ía a celebrar no complexo do Corgo, en Muíños, no encoro dAs Conchas. Era a proba de K2 e C2 do Campionato Galego cadete, infantil e veterano.

En Muíños tiñan todo preparado para albergar este sábado aos deportistas galegos, pero a cita suspendeuse pola profunda borrasca que se anuncia para os próximos días. Aínda non se fixou nova data. É un campionato que se disputa sobre unha distancia de tres mil metros.