O CRA Monterrei deseñou o cartel do desfile infantil de entroido de Verín

La Voz

MONTERREI

Desfile infantil del entroido de Verín
Desfile infantil do entroido de Verín Cedida

Os pequenos son os encargados de abrir a cita

29 ene 2024 . Actualizado ás 17:51 h.

En Verín empezan a debullar o programa de entroido deste ano. O CRA Monterrei foi o encargado de deseñar o cartel oficial que representará ao desfile infantil, que percorrerá durante a mañá do xoves de comadres as rúas e prazas da vila do Támega. Os representantes dos centros educativos que participan no desfile foron os que decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, que este ano será o centro rural agrupado.

Participarán os colexios de Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas dá Barreira e Augusto Assia; as garderías da Mezquita, Pai de Riós e o centro público rural Inmaculada; casa niño de Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín, Vences, Retorta e Vilaza; o CRA Monterrei, o CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite.