Dacón celebra o centenario da imaxe de Santa Rita

La Voz

MASIDE

Santi M. Amil

A localidade de Maside celebra esta fin de semana o seu día grande

20 may 2022 . Actualizado ás 12:53 h.

Os veciños de Dacón , en Maside , están celebración. Tras dous anos de parón pola pandemia, regresaron os actos relixiosos en honra a Santa Rita, cuxa novena comezou o pasado 13 de maio. Este 2022 ten unha importancia especial xa que se cumpren cen anos da apertura da igrexa e da doazón da imaxe por parte da veciña Pilar Valeiras, que a regalou á parroquia para pedir pola curación do seu marido. Desde entón, Santa Rita de Dacón é un referente non só na comarca do Carballiño senón tamén da do Ribeiro.

O día grande celébrase ese domingo con misas desde a sete da mañá, saíndo a procesión ás 12.30 horas. Tamén haberá actuacións musicais. A comisión de festas preparou un amplo programa. O sábado, a partir das 23.00 horas, actuará a orquestra Claxxon. O domingo, día, grande haberá charangas durante toda a xornada e ás 22.000 horas actuará París de Noia. A festa remata o luns coa orquestra Marbella, ás 22.30 horas.