Volve o Entroido Quente a Maceda

La Voz OURENSE

MACEDA

Pablo Araújo

O municipio celebra o seu entroido de verán coa música de artistas como O Pirata ou o grupo Sondarúa

30 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Maceda volverán gozar este sábado do Entroido Quente, a súa versión do entroido en pleno verán. Ás 17.00 horas arrincará unha iniciativa cómica que se chama Ralli do Humor e que promete risos. Ás 20.00 haberá pasacalles polo centro do pobo animado pola orquestra BCB.

Xa pola noite, a partir das once, empezará a final da batalla de galos e logo chegarán os concertos. Este ano a música que soará en Maceda será a do seu rapeiro patrio, O Pirata, ao que acompañarán outros reis da improvisación como Ruso e Chen. Despois chegará o son do grupo Sondarúa e de Farra Fanfarra.