Lobeira pide a Medio Rural o local da antiga cámara agraria

La Voz OURENSE / LA VOZ

LOBEIRA

Santi M. Amil

O Concello quere a cesión da propiedade para convertela en espazo de usos múltiples

21 ene 2020 . Actualizado ás 14:01 h.

O Concello de Lobeira solicitou á Consellería de Medio Rural que lle ceda a titularidade do inmoble que ocupaba a antiga cámara agraria, e que leva anos en desuso. Segundo explicou o alcalde Antonio Iglesias, o Concello reclama a edificación para poder reformala e dispor dun espazo de usos múltiples, para reunións ou actividades cos veciños.

O local atópase na zona na que se sitúa a casa consistorial, o centro médico e o velorio, na capitalidade da Vila, polo que desde o Concello estiman que sería un espazo complementario para ofrecer máis servizos públicos nunha área que concentra as principais dotacións. O Concello xa solicitou a titularidade da casa en varias ocasións.