Laza estuda adherirse ao programa Xantar na Casa

La Voz OURENSE / LA VOZ

LAZA

Perfecto Rodríguez, gerente del Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, visitó el centro de día de Xinzo durante una actividad sobre el entroido
Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, visitou o centro de día de Xinzo durante unha actividade sobre o entroido cedida

O rexedor, José Ramón Barreal, entrevistouse co xerente do Consorcio de Servizos de Benestar para analizar a implantación dese servizo de cátering

26 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Laza estuda a súa adhesión ao programa Xantar na Casa para facilitar a vida ás persoas maiores do municipio con este servizo de cátering que proporciona un menú para cada día da semana. O alcalde, José Ramón Barreal Novo, reuniuse con Perfecto Rodríguez, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para concretar as posibilidades de implantación deste servizo no seu territorio, ademais de analizar outras melloras para a poboación de maior idade deste concello. A cita tivo lugar aproveitando a visita de Rodríguez á comarca da Limia. O xerente do consorcio visitou pola mañá o centro de día de Xinzo e puido comprobar o arraigado que está en entroido entre os maiores xa que estaban a recrear o domingo oleiro.