O Ponte Farruca de Laza celebra a diversidade no rural

La Voz OURENSE

LAZA

Imagen de archivo del Ponte Farruca de Laza.
Imaxe de arquivo do Ponte Farruca de Laza. CEDIDA

O 12 de agosto gozarán dunha nova edición desta cita cultural

25 jul 2023 . Actualizado ás 14:43 h.

O 12 de agosto • Todo o • día Laza • O Ponte Farruca de Laza  aspira un ano máis a celebrar a diversidade no rural. Desde as once da mañá os asistentes poderán gozar dunha feira de produtos de artesanía. Ás 12.00 horas haberá unha actividade de xogos para os máis pequenos co contacontos Fortunata e Honorata poñen a bata. Ás 13.00 horas tocará sesión vermú coa charanga Bicoia. Xa ao mediodía será o momento para comer. Na zona da romaría haberá postos de churrasco e polbo por encargo.

Pola tarde haberá un taller de pandereita, ás 17.30 horas, impartido por Nando Saa. E un desfile de tractores engalanados a partir das seis. Concertos de Tanto Nos Ten, O Rabelo, The Tetas' Van e Quinkillada.