
A actuación renovou a cuberta e incrementou o illamento do edificio de vestiarios
16 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron este luns o campo de fútbol Barra de Miño, en Coles, para comprobar as melloras realizadas nas instalacións municipais co apoio do goberno autonómico, que achegou 60.000 euros a través do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.
As obras consistiron na substitución completa da cuberta do edificio de vestiarios, así como na mellora do illamento térmico das estancias. Con estas actuacións, preténdese reducir a aparición de humidades e filtracións provocadas pola antiga cuberta, ademais de mellorar as condicións de habitabilidade, salubridade e eficiencia enerxética das instalacións.
O fondo adicional ao FCL, dotado con 5 millóns de euros, permite á Xunta apoiar proxectos municipais relacionados coa eficiencia enerxética, cun máximo de 60.000 euros por concello. Na convocatoria actual, priorizar as intervencións en instalacións deportivas, educativas, sociais, sanitarias ou culturais. Tamén se valoran criterios como a instalación de caldeiras de enerxías renovables, reformas en cubertas, melloras na envolvente térmica, sistemas eléctricos ou de iluminación, así como a necesidade concreta de cada actuación.