«Unha noite na eira do trigo», no claustro do mosteiro de Celanova

La Voz

CELANOVA

Claustro barroco del monasterio de san Salvador de Celanova.
Claustro barroco do mosteiro de san Salvador de Celanova. Santi M. Amil

O musical está inspirado no poema de Manuel Curros Enríquez

03 jul 2025 . Actualizado á 20:34 h.

«Unha noite na eira do trigo», o musical que mestura música, teatro e cine, chega este venres (21.00 horas) ao claustro do mosteiro de Celanova. O espectáculo está inspirado no poema de Manuel Curros Enríquez e na famosa canción dOs Tamara. A banda sonora corre a cargo da orquestra A Ocaband e a participación da voz de Chápelo (grupos Solano e Solara). O actor Pepo Suevos é o narrador do musical xunto a Ruth Núñez. Ademais conta cun veterano e grande da interpretación, Manuel Manquiña. Pepo Suevos cualifica este musical «como os que fan en Brodway» pero «á galega» e anima a acudir a veciñas e veciños dela comarca de Celanova a acudir á cita.

Este traballo está dirixido por Xoán Manuel Paradela (musical), Daniel Dopazo (artístico) e Carlos Alleres (creador e produtor audiovisual).

Ao longo de 90 minutos pódese gozar de diversas cancións dOs Tamara, mesturadas con cine e teatro que contan historias de tres xeracións diferentes de galegos.