«Feedback», protagonista en Celanova

m. d. OURENSE

CELANOVA

cedida

O director Pedro C. Alonso visitou o Curso de Medios Audiovisuais do municipio

11 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A segunda sesión do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac) virou ao redor da película Feedback e á ficción cinematográfica. Trátase da primeira longametraxe de Pedro C. Alonso, un realizador con ampla experiencia no mundo da publicidade que decidiu facer o cine que desexaba. Alonso estivo presente ao longo da xornada e puido analizar distintos aspectos da súa película xunto aos participantes do curso. «Hai que ter unha boa idea que contar, tempo para facelo e a enteireza suficiente para saber contalo», resaltou o cineasta.

Na sesión, acompañando ao director da película, estivo Cristina Morales , coordinadora da produtora Vaca Films, quen aproveitou para explicar as circunstancias da produción de Feedback . «Unha vez comeza o proxecto, xa non pairas de traballar ata que remata de rodarse a película», explicou Morales .