Sete podios galegos nas finais do nacional de mozos promesas en Castrelo de Miño
CASTRELO DE MIÑO

O Parque Náutico de Galicia acolle aos mellores cadetes e infantís do país
06 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño o Campionato de España de Mozos Promesas coas regatas infantís, que xa depararon varios podios galegos.
En C1 foi segundo Pablo Castiñeiras (As Torres de Catoira) e Manuel Carballo (Ría de Aldán) finalizou terceiro. Na proba feminina foi segunda Candela Fernández (Ría de Aldán).
Sofía Vallejo (Portonovo) pechou o podio en terceira posición do K1, mentres que Carlota Pérez Lorido (Altruán Ribadeo) foi subcampioa en infantil B, por diante de Aitana Casal (Verducido). Para rematar, en paracanoe infantil 3 foi tamén segundo Richard Firah, do Portonovo.
O programa de regatas completaranse nunha sesión dominical na que chegará a quenda das finais para as categorías de cadete, así como das dúas probas restantes de K1 masculino infantil, nas cales agardan novos éxitos da representación galega, que está acado un alto nivel nas augas do encoro ourensán, ben coñecido pola súa lámina de auga.