Medio Rural quere crear un polígono agroforestal en Castrelo de Miño

La Voz OURENSE

CASTRELO DE MIÑO

El conselleiro de Medio Rural presentó el proyecto del polígono agroforestal a los vecinos de Prado
O conselleiro de Medio Rural presentou o proxecto do polígono agroforestal aos veciños de Prado CEDIDA

A Xunta traballa na creación de nove iniciativas na provincia

14 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio Rural traballa na creación de nove polígonos agroforestais na provincia de Ourense. Sete xa están iniciados e dous está en fase de actuacións previas, un en Larouco e outro en Castrelo de Miño. Precisamente o titular do departamento da Xunta, José González, visitou este último, situado na zona de Prado. O polígono proxectado abarca unha superficie de 52 hectáreas, que pertencen a 113 propietarios. Está orientado ao cultivo do viñedo amparado pola denominación de orixe Ribeiro. Para poder pólo en marcha é necesario contar co acordo dos propietarios do 70 % da superficie recollida no proxecto.

Lospolígonos xa iniciados están en Oímbra, Cualedro, A Arnoia, Leiro, Riós, Monterrei e Paderne de Allariz. Unha vez rematados suporán unha mobilización en conxunto de máis de 600 hectáreas na provincia.

González estivo acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.