Barbadás remodelará o parque Lucinda para crear tres espazos de lecer

La Voz OURENSE / LA VOZ

BARBADÁS

Parque Lucinda de Barbadás
Parque Lucinda de Barbadás Cedida

Debido á topografía da parcela, haberá tres bancadas

08 may 2023 . Actualizado ás 14:45 h.

O Concello de Barbadás redactou e remitiu á Federación Española de Municipios e provincias (Femp) o proxecto para a remodelación do parque Lucinda, co obxectivo de converter este espazo nun lugar saudable. O financiamento correrá a cargo do Fondo de Recuperación e Resiliencia, grazas a un convenio-programa entre o Ministerio de Sanidade e a Femp.

Atópase na rúa do Cobo, no Fonsillón, e a actuación contempla a habilitación de novas zonas tanto para a práctica deportiva ao aire libre como para o lecer.

O proxecto inclúe a reparación da pista multideporte e a creación dunha área de descanso con mesas e bancos, ademais dunha pequena zona infantil. O parque ocupa unha superficie de preto de mil metros cadrados, con forma rectangular e graduada. Transformarase nun espazo intergeneracional, no que persoas de todas as idades poderán gozar xuntas.

Debido á topografía da parcela, haberá tres bancadas. Unha cunha pista multideporte, outra intermedia para o parque infantil pechado e a inferior será un miradoiro. Comunicaranse a través dunha escaleira.

A actuación ten un orzamento de 54.000 euros e establécese un prazo de execución de tres meses desde a súa licitación.