O bispo elixe os templos que serán referentes dos fieis no Ano Xubilar 2025

La Voz OURENSE / LA VOZ

BAÑOS DE MOLGAS

Leonardo Lemos en la catedral
Leonardo Lemos na catedral alejandro camba

Leonardo Lemos publicou un decreto cos centros de caridade, misericordia e oración

26 dic 2024 . Actualizado á 19:36 h.

O bispo, Leonardo Lemos, publicou un decreto no que recolle cales serán os templos xubilases así como os centros de caridade e misericordia e os de oración e encontro durante o 2025. Na diocese o Ano Xubilar abrirase o domingo, coa denominada «statio» na igrexa de Santa Eufemia ás 11.30 horas e con procesión ata a Catedral, onde terá lugar a celebración eucarística. Os templos xubilases en Ourense, ademais da catedral, serán a parroquia de San Rosendo de Celanova, o santuarios dOs Milagros en Baños de Molgas e o dA nosa Señora do Portal en Ribadavia.