Correos comezou a campaña de envío de castañas a toda a península

La Voz OURENSE / LA VOZ

BANDE

Castañas
Castañas Santi M. Amil

O servizo prolongarase ata o 15 de novembro

10 oct 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Correos iniciou a campaña especial destinada ao envío de castañas na provincia, para que os cidadáns manden este produto por paquetería a calquera punto da península. Este servizo, que se prolongará ata o 15 de novembro, está activo nos concellos de Bande , O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Cortegada, Gomesende, A Gudiña, Maceda, Padrenda, A Pobra de Trives, Ribadavia, A Rúa de Valdeorras, Verín e Viana do Bolo. Os cidadáns poderán enviar a cantidade de produto que desexen, coa recomendación de que o sequen ben, desde as oficinas postais como a través dos carteiros rurais na porta dos domicilios.