A Rúa promociona os viños de Valdeorras en Iberovinac

La Voz O Barco

A Rúa

Guillermo Fernández Vara y Álvaro Fernández en Iberovinac
Guillermo Fernández Vara e Álvaro Fernández en Iberovinac CEDIDA

O alcalde viaxou ata Almendralejo para participar no salón do viño e a oliva

21 abr 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A cidade estremeña de Almendralejo celebra unha nova edición de Iberovinac, a feira do viño e a oliva. Un escaparate promocional no que está presente o Concello da Rúa de Valdeorras. Ambos os municipios están hermanados desde fai vinte anos e froito desa colaboración, o Concello de Almendralejo cede de xeito gratuíto un posto na súa feira. O goberno local rués decidiu compartir ese espazo coa denominación de orixe Valdeorras e a Ruta do Viño. Así, na feira están presentes varias adegas da comarca así como a ruta, que promociona as súas actividades.

A caseta da Rúa foi visitada polo presidente estremeño, Guillermo Fernández, que probou os viños de Valdeorras xunto ao rexedor, Álvaro Fernández.