A Deputación de Ourense achega fondos á federación de fútbol e á Real Academia Galega

La Voz OURENSE

A MERCA

Junta de Goberno de la Diputación de Ourense.
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense. Alberte Paz

A institución aprobou medio millón de euros en axudas para diversos proxectos

26 sep 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta de Goberno da Deputación ourensá reuniuse este luns e aprobou preto de medio millón de euros en subvencións para diversos proxectos. A maior parte dese diñeiro destínase aos concellos, pero destacan as axudas concedidas á Federación Galega de Fútbol (70.000 euros) e á Real Academia Galega (25.000 euros).

Polo que respecta aos concellos, os beneficiarios das axudas son Allariz, Boborás, Cortegada, Lobios, A Merca, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, San Xoán de Río e Castrelo de Miño. As achegas da Deputación servirán para executar diversas obras ou melloras en infraestruturas e servizos. Por outra banda, o goberno liderado por Luis Menor aprobou dúas axudas pola vía de urxencia. Dese modo, o Concello de Piñor recibirá 70.000 euros para a creación dun museo municipal e o de Chandrexa de Queixa, 17.545 euros para investimentos da agrupación de servizos que teñen ese municipio e o de Manzaneda.