A Deputación quere que os viaxeiros do AVE inicien a Vía dá Prata na Gudiña

La Voz OURENSE / LA VOZ

A GUDIÑA

Vía da Prata
Vía dá Prata Cedida

O goberno provincial asinará un convenio con Turismo de Galicia

23 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación de Ourense reforzará a súa aposta pola Vía dá Prata e o potencial que supón a chegada do AVE para facilitar que os viaxeiros que chegan á estación da Gudiña poidan comezar neste municipio o seu camiño, tanto en bicicleta ou a pé, e que iso lles permita conseguir a súa correspondente acreditación. «Estamos ante un obxectivo estratéxico e dinamizador da provincia debido ó enorme atractivo turístico do Camiño Mozárabe-Vía da Prata», subliñou o presidente da Deputación, Luis Menor.

Para conseguilo, a Deputación provincial articulará reunións con diferentes asociacións e colectivos, así como cos alcaldes dos municipios da Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Riós, Verín, Monterrei, Trasmiras, Xinzo, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Allariz, San Cibrao das Viñas, Vilamarín, San Cristovo de Cea, Piñor e Ourense, para aproveitar e potenciar os recursos que ten cada municipio.

Tal e como avanzou Luis Menor, o plan de actuación desta proposta establecerase en poucas semanas a través dun convenio que se asinará con Turismo de Galicia, coa finalidade de maximizar todos os recursos do territorio provincial marcado polo paso deste camiño xacobeo pola provincia.