Anxo Baranga comparte arte e estudo no Barco

María Cobas Vázquez
María cobas O BARCO

OURENSE

Exposición de Anxo Baranga na sala Abanca de O Barco.
Exposición de Anxo Baranga na sala Abanca de O Barco. Lolita Vázquez

O artista de Córgomo expón na sala Abanca «En construcción» ata o día 20

17 sep 2025 . Actualizado a las 10:23 h.

Varios dos seus primeiros cadros en madeira, unha obra homenaxe a Kandinsky, a súa propia versión do Pórtico da Gloria, esculturas que aprendeu a facer da man dunha asociación en Barcelona ou figuras en papel maché, entre elas o Cagadas (o seu pai). Son só algunhas das obras que Anxo Baranga expón na sala Abanca, na praza do Príncipe no Barco de Valdeorras. Baixo o título de «En construcción», reúne un lote de obras que tiña gardadas na súa casa de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). E non só hai obras, senón tamén materiais. Baranga trasladou a un recuncho do local o seu estudo, que abrirá cada tarde. Invita a todo aquel que queira a ir crear con el, a adentrarse no mundo do papel maché (di que só fan falta un par de horas e kilos de paciencia para aprender) ou a botarlle unha man na nova serie de cadros na que traballa, desta volta sobre os lumes que asolaron a comarca. Tamén haberá contadas. A exposición abre ata o luns e do 18 ao 20 en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Do 15 ao 18 ás 20.15 estará Baranga.