Artistas internacionais visitarán o Hércules Brass

La Voz

OURENSE

Presentación del cartel del Festival Hércules Brass de Celanova
Presentación do cartel do Festival Hércules Brass de Celanova Cedida

O programa complétase con cinco días de formación para estudantes

10 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Do 28 de xullo ao 1 de agosto • Celanova acollerá unha nova edición do Festival Hércules Brass, unha cita consolidada como referente no ámbito da música de cámara e de vento-metal. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival, e destacou a súa achega para «achegar a música de cámara e de vento-metal a todos vos públicos a través dun programa cheo de artistas de alto nivel».

 O festival, enmarcado na programación estival «Para gustos, cultura» da Xunta, reunirá no claustro de San Salvador a máis dun centenar de estudantes e recoñecidos profesionais do trombón, a trompa e o bombardino, procedentes de distintas orquestras e países. A inauguración correrá a cargo da Banda de Música de Celanova xunto a James Morrison, nun concerto único en España que terá lugar ás 20.30 horas. Ao longo do festival actuarán a formación estadounidense Boston Brass, Abraham Cupeiro coa Orquestra Gaos e, no peche, o Hércules Brass Ensemble baixo a dirección de Isabel Rubio, coa participación de Boston Brass e Adam Rapa como solistas. O programa complétase con cinco días de formación para estudantes, que recibirán clases por parte dos artistas participantes, nunha contorna deseñada para potenciar o seu desenvolvemento musical.