A Xunta defende na Limia a súa aposta pola Rede Natura 2000

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Visita de la directora xeral de Patrimonio a Porqueira
Visita da directora xeral de Patrimonio a Porqueira CEDIDA

A directora xeral de Patrimonio Natural visitou as Fervenzas do río Fírveda

22 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou o municipio de Porqueira coincidindo co Día europeo de Rede Natura 2000 para resaltar o compromiso autonómico coa execución de obras e iniciativas nestes espazos.

Díaz acudiu ás Fervenzas do río Fírveda, onde o Concello recibiu unha subvención para executar traballos de mellora e sinalización cos que reforzar o uso recreativo da zona, incluída na ZEPA da Limia.