Crean unha mostra de selos de seguridade viaria

La Voz

OURENSE

Ponte Vella

O centro comercial Ponte Vella e o colexio Cisneros promoveron a iniciativa

10 may 2024 . Actualizado á 04:14 h.

Do 9 ao 81 de maio • Centro comercial Ponte Vella • O Colexio Cardenal Cisneros estreou onte a mostra dunha colección de selos realizada no centro, nun dos talleres de filatelia. Concretamente elaborouna o taller Cisneros Vial e titúlase «Mobilidade segura». Transmite os valores cívicos da seguridade viaria.

Os alumnos crearon a colección co material da súa profesora e monitora nacional de Filatelia Xuvenil Marila Abad. A docente é colaboradora e integrante do proxecto educativo vial «Ourense educa e involucra». Para desenvolver a iniciativa tamén contaron coa achega da Sociedade Filatélica Miño de Ourense, Federación Galega e Federación Española de Sociedades Filatélicas (Fegasofi e Fesofi).