O patrimonio relixioso será unha prioridade para o goberno provincial de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Constitución de la comisión provincial de patrimonio.
Constitución da comisión provincial de patrimonio. Alberte Paz

A Deputación constitúe unha comisión para velar pola conservación dos recursos culturais da provincia

22 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación de Ourense constituíu este xoves a Comisión de Patrimonio Provincial para o mandato 2023-2027. Ese órgano, de carácter consultivo, «ten como obxectivo facilitar o estudo, investigación, protección, conservación, difusión e posta en valor do patrimonio cultural da provincia de Ourense», segundo explica un comunicado.

O vicepresidente segundo da Deputación e responsable de Cultura no goberno provincial, César Fernández, dirixirá a comisión e xa lanzou as súas primeiras propostas. Destacou, entre outras cousas, «a necesidade de abordar unha colaboración a tres partes entre a Deputación, o Bispado e a Xunta de Galicia, para traballar a prol da conservación do patrimonio arquitectónico relixioso da provincia». Tamén se abrirá unha liña de traballo específica sobre patrimonio inmaterial.