A repartición do traballo na delegación de Sanidade xera queixas laborais

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Delegación territorial de Sanidade en Ourense
Delegación territorial de Sanidade en Ourense MIGUEL VILLAR

A CIG critica a falta de persoal en Inspección de Servizos Sanitarios e que se designe persoal a outros departamentos e a Xunta alude a necesidades do servizo

24 mares 2024 . Actualizado ás 08:19 h.

A central sindical CIG pide o cesamento da xefa territorial da Consellería de Sanidade da Xunta en Ourense por entender que na designación de traballadores para realizar determinadas funcións incorre en En «prácticas caciquís». concreto aluden ao funcionamento da Inspección de Servizos Sanitarios. A este departamento están asignados 31 postos pero, segundo matizan ,tan só 18 están de forma efectiva xa que sete foron recolocados noutras áreas e hai seis que están vacantes. A CIG critica á responsable territorial «polas súas formas ao asignar ás comisión de servizo, obviando ao propio persoal que está a realizar o traballo no departamento e premiando a persoas amigas».

Desde a Xunta asegúrase que son «as necesidades do servizo as que xustifican que traballadores con praza asignada no de Inspección estean desempeñando as súas funcións noutros servizos», pero matiza que isto se produce «sempre que voluntariamente o aceptaran e que renunciaran a cobrar o complemento de produtividade asociado». A Consellería de Sanidade argumenta que existe unha situación de desequilibrio no persoal administrativo na xefatura territorial de Ourense e que se está traballando para adaptar a RPT a esa realidade. Tamén se asegura que as propostas de comisión de servizo realízanse en base á antigüidade.