A Deputación de Ourense ampliará as prazas do programa Esquiou destinado a escolares en Manzaneda

La Voz OURENSE

OURENSE

El presidente de la Diputación de Ourense visitó a los escolares que participan en el programa Esquiou en Manzaneda.
O presidente da Deputación de Ourense visitou aos escolares que participan no programa Esquiou en Manzaneda. DEPUTACIÓN

Este ano gozárono 870 nenos e nenas de colexios ourensáns

13 mares 2024 . Actualizado ás 19:11 h.

Escolares de Xunqueira de Ambía, Carballeda de Avia, Baltar, Boborás e Barbadás participan no oitavo e última quenda do programa Esquiou na Estación de Montaña de Manzaneda, onde os alumnos ourensáns poden tomar leccións de esquí e gozar do deporte na natureza, durante unha estancia de tres días e dúas noites por 29 euros. Alí visitounos o presidente da Deputación, Luis Menor, este luns. O titular do goberno provincial anunciou que ampliarán o número de prazas do programa para que máis nenos o poidan gozar. Nesta edición cubríronse as 870 prazas que ofertaba a Deputación de Ourense para nenos nados entre o 1 de xaneiro do 2012 e 31 de decembro do 2015. A dotación orzamentaria é de 71.000 euros. Menor avanzou que, ademais de aumentar as prazas ofertadas, haberá outros cambios técnicos no programa. Habilitarase un novo modelo de rexistro que facilitará a inscrición dos participantes.