«A xente vaise a outras vilas ou a Ourense a facer compras»

Cándida Andaluz Corujo
c. andaluz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Los vecinos de Maceda pidieron el fin de las obras de la travesía
Os veciños de Maceda pediron o fin das obras da travesía Santi M. Amil

Os veciños de Maceda piden o fin das obras da travesía que comezaron hai un ano

07 mar 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Máis dun centenar de veciños e comerciantes de Maceda saíron á rúa para esixir á Xunta que lles explique cal é o proxecto previsto para a travesía da localidade e para demandar que as obras, que comezaron fai máis dun ano, rematen canto antes. Tras unha pancarta que dicía «Maceda capital do focha. Xunta solución» citáronse na praza dás Toldas e percorreron a travesía ata o lugar onde se seguen desenvolvendo os traballos. «O problema é que levamos una ano coas obras e aínda non sabemos que é o que vai facer a Xunta na rúa. Hai deficiencias nas tubaxes. Os veciños quéixanse de que entra auga dentro, que quedou mal feito. Houbo un tubo que se quitou ós tres meses de empezar as obras e agora hai deficiencia no saneamento e sae a auga por dentro dalgúns locais. O que queremos é que se arranxen ben as cousas», explicaba o presidente dos comerciantes, Roberto Freire.

As tendas do centro pecharon as súas portas para apoiar a protesta que, sinalaron os convocantes, non ten razóns políticas.

«Os primeiros meses non o notamos, pero agora a xente vaise a outras vilas ou a Ourense a facer as compras porque os peches de rúas son continuos, sen previo aviso, e todo está cheo de lama», sinalou una comerciante. Ao chegar ao lugar onde proseguen as obras leuse un comunicado da plataforma Un ano de fochancas: «Estamos aquí en nome dos veciños para reclama o remate dunhas obras que levan un ano colapsando a vila. O descontento é xeneralizado».

A Xunta anunciou esta semana que o día 18, cando rematen as obras da tubaxes, comezarán as do pavimento.