A D.Ou. Monterrei estará presente este mes na Barcelona Wine Week

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Viñedo de Monterrei
Viñedo de Monterrei Álvaro Vaqueiro

Na cita vinícola catalá participan 850 adegas

01 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei participarán no Barcelona Wine Week, que se celebrará entre o 5 e o 7 de febreiro. Trátase da terceira ocasión que a denominación se promociona neste foro vitivinícola, no que se agarda a participación de 850 adegas e máis de 70 selos de calidade. A D.Ou. Monterrei contará cun posto propio no que todos os que se acheguen recibirán información sobre a tradición e historia vitivinícola, variedades de uva, características edafoclimáticas ou tipoloxía de viños, entre outros aspectos. Ademais, poderán coñecer de primeira man as elaboracións das adegas inscritas. A D.Ou. Monterrei busca incidir sobre o sector profesional, xa que nesta feira estarán representadas adegas de todo o mundo.