Estas son as motos que lle deron cor ao domingo no Pereiro de Aguiar

LA VOZ OURENSE

OURENSE

O Gorras's Team animou a capitalidade municipal co seu Matinal Moteira

10 jul 2023 . Actualizado ás 18:06 h.

Manuel Figueiredo, Gorras, é un personaxe dabondo coñecido no mundo do motor ourensán e as carreiras son unha paixón que este mecánico e piloto tamén traslada ao resto do seu equipo, que se presentou no Pereiro de Aguiar nunha interesante Matinal Moteira.

O equipo que xa conta con experiencia na mítica carreira urbana da Bañeza, departiu cos asistentes en unha exposición estática dun total de vinte e cinco motocicletas que se situaron na Praza do Pereiro. Vehículos que adoitan pasar a altas velocidades, deleitaron esta vez aos afeccionados que puideron ver in situ.

O lema «Ven en moto» marcou unha pauta que a escuadra do Gorras confía en que se faga máis visible en próximas edicións dunha convocatoria que realzou a paixón por estes bólidos de dúas rodas.