Outra vez á caza do voto dos ourensáns

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

La candidatura del PP en la plaza de abastos
A candidatura do PP na praza de abastos AINARA RODRÍGUEZ

Os partidos inician a campaña das eleccións xerais

08 jul 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Con distintas caras e con máis calor, así regresou a rutina electoral á provincia de Ourense. Os partidos volven despregar os seus recursos para saír á caza do voto dos veciños da provincia para as eleccións xerais previstas para o próximo 23 de xullo, menos de dous meses despois da cita municipal coas urnas. Cando aínda se estaban constituíndo algúns concellos en Galicia os integrantes das listas ao Congreso e ao Senado saíron á rúa para trasladar a súa mensaxe e reclamar o apoio ás súas respectivas formacións. O Partido Popular empezou na praza de abastos da capital ourensá, onde a cabeza de lista, Ana Belén Vázquez, aproveitou para reclamar «a baixada inmediata» do IVE da carne, o peixe e as conservas.

Los candidatos socialistas, en la feria de A Rúa
Os candidatos socialistas, na feira da Rúa lolita vázquez

A número un ao Congreso polo PSOE, Marga Martín, participou en Madrid nun acto presidido por Pedro Sánchez, cos candidatos de todas as provincias. «Estamos aquí para apoiar ó goberno das pensións dignas, do salario mínimo decente, do ingreso mínimo vital, dos ertes para salvar empregos, da igualdad... Queremos que continúe ese goberno». Pola súa banda, Rafael Rodríguez Villarino, que é candidato ao Senado polos socialistas, desprazouse ata A Rúa de Valdeorras, aproveitando a xornada de feira.

Ana Pontón con los candidatos por Ourense
Ana Pontón cos candidatos por Ourense AINARA RODRÍGUEZ

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reuniuse cos integrantes das listas na estación de tren, nun día no que tamén visitou Lugo. Coa súa visita apoiou a Noa Presas, que é a aspirante nacionalista ao Congreso pola provincia. «Só o BNG é capaz de poner Ourense e Lugo na axenda estatal», asegurou. Pontón.